Saturday, June 24, 2006

Exilio

vouvos da-la despedida

como dan os cantadores

con el sombrero en la mano

moi boas noites señores
  • Thursday, June 22, 2006

    Quérote como "la trucha al trucho"

    Aquel día en que fun á escola grabaría unha das mais antigas imaxes que a miña memoria retén. Lembro como a profe nos convidou a mirar pola fiestra o arco da vella. Eu queríaa moito, era moi miudiña e vestía sempre con saias por debaixo dos xeonllos e uns zapatos cun chisco de tacón. Ela tamén me quería , seica era unha nena boíña cunhas boas bochechas pra me achuchar quen quixer...iso si, á hora de dar bicos xa era outro conto e cando non me apetecía resolvía cun " se me acabaron los besos" .

    Irene foi durante moitos anos a miña outra mitade.Ela era o oposto a min , Irene era movemento contínuo , lindura e debuxaba as mil marabillas eu pola contra era máis tranquiliña , despistada e ao tempo observadora e sempre tiña especial interes por estar coa xente maior.Pasabámolo ben ... a nosa imaxinación bulía como o vento do Nordés.

    Jesús foi o meu primeiro amigo. A súa casa era moi grande e misteriosa. No seu cuarto tiña un hipopótamo que me flipaba e no patio unha figueira moi grande. Tamén fomos mozos , un dos nosos actos de amor foi escapar da súa casa pra ir recoller flores ao paseo da Rapadoira e outro quizais foi encerrarnos na despensa a comer Nocilla a culleradas .

    Nacín por despiste mais tiven a sorte de ter cinco nais e dous pais e é que ser a pequecha de seis irmaos éche o que ten . A miña casa sempre en contínuo movemento¡

    Meu pai adoitaba preguntarme "canto me queres ?" e eu respostaba "como la trucha al trucho"
  • Friday, June 16, 2006

    O lagarto pintado ;PPP
















    atopei este fondo nunha páxina de literatura infantil, http://www.ourizoazul.org/ClubLectura/ClubLectura.htmul.org/ClubLectura/ClubLectura.htm na que curiosamente colabora unha profesora da miña faculdade Marilar Aleixandre ...sorpresas que da a vida ;P
  • Non crezasss bechiño¡¡¡

  • MENINA

    Hoxe escuitarei esta peza emocionada ;P


    MENINAMúsica e letra: José Luis d.P. Orjais.

    menina que vendes as ondas do mar
    nom vendas teu corpo que o podes quebrar.
    menina que vendes maçás de coral
    nom vendas teus olhos que os podes quebrar
    menina que vendes pétalas de flor
    nom quero guirnaldas quero o teu amor
    e menina que vendes granadas de mao
    bem sabes que o povo pode nom calar
    e menina que vendes razons para opinar
    bem sabes que a luta pode continuar.
    ug:menina es feita, es grande, es dura.
    nom quero que vendas mais.
    di-me tu.
    di-lhe ao Sr.Bombom que nom queres vender
    que nom queres que vendam mais.
  • Tuesday, June 13, 2006

    Praterías foi onte lugar de compartir contos ... resulta que uns colegas (a meirande parte estudantes coa beca Seneca) ficaron dende hai uns meses tódolos luns en diferentes espazos de Compostela(as súas casas , prazas algún bar...) coa fin de se contar contos. O conto é que onte uninme a este Contacontos para contar a miña historia cantado co acompañamento dun acordeón.

    Resultou agradábel e unha experiencia que se podo hei repetir. Aínda que xa quedan poucas semanas pra que remate a vida compostelá e todo o que este ano foi acontecendo...e qué será o que acontecerá pro vindeiro ano? un ano de facer moitas parvadas mais tamén de cheo de cousas lindas que foron ocorrendo...

    Por último debo agradecer a aperta de Aleix , porque de verdade podo dicir que o sinto como un amigo e lamentarme por ser distante moitas veces por timidez.Muitas grazas por ser tan riquiño e por falarme en galego ;P

    E non teño tempo pra mais contos porque aínda hei ficar encerrada na faculdade se non recollo en breves .

    bicos grandes
  • Monday, June 05, 2006

    Ai que susto case me levo un disgusto¡¡¡

    Esa frase era repetida unha vez tras outra nunha obra de teatro que vin no cole... e isto ven a que onte case morro do susto , estaba tan tranquila na sala facendo un traballiño sobre as 3 da mañá cando entra pola fiestra un becho voador que non sabería dicir que era ...era case do tamaño dun paxaro pero silencioso mais como non tiña a luz prendida non souben o que era e ficarei coa dúbida porque collín e funme para a habitación deixándolle a fiestra da sala aberta , bufff pero meteume un acojone de medo porque non deixaba de revolotear polo teito.O certo e que en momentos como este me sinto realmente ridícula e teño que recoñecer que son unha medicas...mais quén non ten algún medo¿?

    Por diante quedan días de traballo intenso e de sentir presión no peito. Por sorte o traballo que me ocupa agora mesmo é moi agradábel trátase de facer unha unidade didáctica sobre musica popular ou tradicional e facer a presentación en power point , estes son algúns dos amiguiños que me están a axudar coa tarefa:

    Sr.Charrasco e Sra.Pandeireta Don Bombo Sr Zanfona


    A QUE ESTÁN LINDOS¿?( http//:www.xistra.info )


    E hoxe concerto do coro en Lugo e mañá en Compos , aturar a miramiromira, vestir pija , agradecer que aínda haxa algunha compañeira maja porque o ambiente é horríbel , poñer uns taconazos de la muerte e pasar calor...enfín estou cansa desta historia e máis cando non gosto do programa...

    Bicos ¡¡¡
  • Monday, May 29, 2006

    Se non che chega este mundo faite astronauta¡¡¡




    Grandídimo o disco de Marful , é o autoagasallo que para min fixen neste mes no que cumprín os 21 anos . Acabo de recibilo e estame gustando tantisimo , éncheseme o peito con cada peza , se cadra non son obxectiva porque gosto da voz de Uxía Pedreira dende hai moitísimos anos , daquelas cando todas as pícaras da miña idade estaban a escoitar aos Backstreet boys eu escuitaba Chouteira...alén disto é focega¡

    Uxía ten unha voz con moita forza , unha voz que no disco explota os graves con toques cabareteiros , de salón de baile coa valentía que lle dá a súa loita musical e o tempo tamén a dozura exquisita dos seus matices . Non sei simplesmente que había tempo que non desfrutaba tanto escoitando un disco por non falar xa dunha estética xenial cuns sifóns por protagonistas.


    Por certo as imaxes foron tiradas do blogs do Clube de fans de Marful ( http://clubedefansdemarful.blogspot.com/ ) onde tedes actualizado todo o que vai acontecendo co grupo , que ten a súa páxina que está moi linda máis sen actualizacións. http://www.folque.com/musica-marful/

  • Wednesday, May 24, 2006

    " Eu de moza era unha viciosa de cantar"Concha de Luneda

    Mi má eu quixera ser tan encantadora coma esta muller , ademais de excelente cantadora, unha traballadora nata ... deixovos algunha das frases célebres que puiden rescatar do Alalá de onte.

    "Eu son pobre pero son a máis rica de Luneda porque son feliz"

    "Eu casei cun home probe porque se casas cun rico es criada toda a vida e así o que tes suáchelo"

    "A vida é lindiiiiiisima lindísimaaaa , só hai que saber levala"

    "Eu fago calzóns longos de algodón puro porque agora aos homes cápanos con eses calzóns cortos " e despois un ataque de risa ;P


    Chamoume muito á atención o xeito de tocala pandeireta , porque collíaa coa esquerda coa pel para abaixo e tocaba na madeira cun pao que sostiña coa dereita... será por incultura mais nunca ollara tocar así.

    Unha muller auténtica ,tanto que algunhas (elea e máis eu) nun puidemos evitar soltar algunha bágoa.


    Por certo agora buscando en internet algo sobre ela atopei na sección de xistra de coruxo dentro da páxina www.ghastaspista.com unha nova canción co meu nome que lla recolleron a Sr.Concha cuxa volta dí:

    Que lindas pernas ten a Carolina
    non son cortas, non son larghas,
    non son ghordas non son finas.

    Marcho de festa nenos que non se pode esquecer que Compostela está en festa , opaí a Ascensión.