Monday, May 29, 2006

Se non che chega este mundo faite astronauta¡¡¡




Grandídimo o disco de Marful , é o autoagasallo que para min fixen neste mes no que cumprín os 21 anos . Acabo de recibilo e estame gustando tantisimo , éncheseme o peito con cada peza , se cadra non son obxectiva porque gosto da voz de Uxía Pedreira dende hai moitísimos anos , daquelas cando todas as pícaras da miña idade estaban a escoitar aos Backstreet boys eu escuitaba Chouteira...alén disto é focega¡

Uxía ten unha voz con moita forza , unha voz que no disco explota os graves con toques cabareteiros , de salón de baile coa valentía que lle dá a súa loita musical e o tempo tamén a dozura exquisita dos seus matices . Non sei simplesmente que había tempo que non desfrutaba tanto escoitando un disco por non falar xa dunha estética xenial cuns sifóns por protagonistas.


Por certo as imaxes foron tiradas do blogs do Clube de fans de Marful ( http://clubedefansdemarful.blogspot.com/ ) onde tedes actualizado todo o que vai acontecendo co grupo , que ten a súa páxina que está moi linda máis sen actualizacións. http://www.folque.com/musica-marful/

  • 9 Comments:

    Blogger Fam_namber_güam said...

    que emoçom estar citadas por aí adiante. Obrigadas!!

    11:09 AM  
    Anonymous adri said...

    Pois non coñeco, pero a ver se consigo escoitar algo delas!
    Siii, a ver se ves dentro de dúas findes e quedamos, aínda q só sexa pá tomar algho.
    Q noxo! En breves exames :-S
    Ánimos!

    6:07 AM  
    Blogger torredebabel said...

    tampouco o coñezo pero Parabens polo aniversario!!! Arrigadeira que noviña que és!!!!!!!! Ogallá fora un lindo cumpreanos!

    5:17 PM  
    Blogger arrigadeira said...

    pois recomendovos que escuitedes para min foi un descubrimento xenial, por certo na páxina deles podedes escuitar algunha das pezas e ve-las letras.

    Por certo Torredebabel o disco conta entre as súas pezas cun tango lindísimo ;P

    Bicooss grandes

    8:30 AM  
    Blogger Fuji said...

    unha gozada de disco, nun bar dun colega poñeno moito, presta tomar unhas guinnes e escoitalo cos beizos cheos de escuma

    6:07 AM  
    Blogger arrigadeira said...

    o 16 concerto en compos¡¡¡ainsss que ilusión¡¡

    10:54 AM  
    Anonymous Anonymous said...

    Nice idea with this site its better than most of the rubbish I come across.
    »

    10:51 AM  
    Anonymous Anonymous said...

    Super color scheme, I like it! Keep up the good work. Thanks for sharing this wonderful site with us.
    »

    4:52 PM  
    Anonymous Anonymous said...

    I find some information here.

    7:12 AM  

    Post a Comment

    << Home