Tuesday, June 13, 2006

Praterías foi onte lugar de compartir contos ... resulta que uns colegas (a meirande parte estudantes coa beca Seneca) ficaron dende hai uns meses tódolos luns en diferentes espazos de Compostela(as súas casas , prazas algún bar...) coa fin de se contar contos. O conto é que onte uninme a este Contacontos para contar a miña historia cantado co acompañamento dun acordeón.

Resultou agradábel e unha experiencia que se podo hei repetir. Aínda que xa quedan poucas semanas pra que remate a vida compostelá e todo o que este ano foi acontecendo...e qué será o que acontecerá pro vindeiro ano? un ano de facer moitas parvadas mais tamén de cheo de cousas lindas que foron ocorrendo...

Por último debo agradecer a aperta de Aleix , porque de verdade podo dicir que o sinto como un amigo e lamentarme por ser distante moitas veces por timidez.Muitas grazas por ser tan riquiño e por falarme en galego ;P

E non teño tempo pra mais contos porque aínda hei ficar encerrada na faculdade se non recollo en breves .

bicos grandes
  • 4 Comments:

    Anonymous Anonymous said...

    caroooooooooooooolllllllllllll!!....hola tia!!...son omi!!! k tal?? joer,cto tempo!!!..acabo de ler

    8:43 AM  
    Anonymous Anonymous said...

    q quedaches durmida e non fuches o examen...joer,sintooo!!!!...xro si so che queda esa pa septiembre...mirao polo lado positivo...tia,a ver cdo ves e nos vemos q xa hai ganiñas......xq non ves po ardelucus,non??........xa podias.voume,q teño moito q facer,x aqui todos igual.biquiñosssss!!

    8:45 AM  
    Anonymous adri said...

    Boas!
    Ai! Qdar durmida pra un exame xD Cousas q soamente te pasan a ti ( ou a min, claro xD ).
    Hoxe tiven exame e... Pfff!
    Este ano non se te fixo moi curto? A min pasouseme voando! A ver q acontece o próximo... Bicos!

    6:11 AM  
    Blogger arrigadeira said...

    éche o que hai , agardo que sexa a única mais teño un o 30 de historia da música que me mete un pouco de medo. Arde lucus nada , moito curre , conformareime con ir hoxe ao concerto de Marful que non che é moco de pavo ;P o ano fíxoseme moi curto¡¡¡ coas prácticas e todo non houbo moito tempo non sei o vindeiro haberá que aproveitalo ao máximo que se todo vai ben será o último.

    beixos pícar@s lucenses , até máis ver¡¡

    3:52 AM  

    Post a Comment

    << Home