Thursday, June 22, 2006

Quérote como "la trucha al trucho"

Aquel día en que fun á escola grabaría unha das mais antigas imaxes que a miña memoria retén. Lembro como a profe nos convidou a mirar pola fiestra o arco da vella. Eu queríaa moito, era moi miudiña e vestía sempre con saias por debaixo dos xeonllos e uns zapatos cun chisco de tacón. Ela tamén me quería , seica era unha nena boíña cunhas boas bochechas pra me achuchar quen quixer...iso si, á hora de dar bicos xa era outro conto e cando non me apetecía resolvía cun " se me acabaron los besos" .

Irene foi durante moitos anos a miña outra mitade.Ela era o oposto a min , Irene era movemento contínuo , lindura e debuxaba as mil marabillas eu pola contra era máis tranquiliña , despistada e ao tempo observadora e sempre tiña especial interes por estar coa xente maior.Pasabámolo ben ... a nosa imaxinación bulía como o vento do Nordés.

Jesús foi o meu primeiro amigo. A súa casa era moi grande e misteriosa. No seu cuarto tiña un hipopótamo que me flipaba e no patio unha figueira moi grande. Tamén fomos mozos , un dos nosos actos de amor foi escapar da súa casa pra ir recoller flores ao paseo da Rapadoira e outro quizais foi encerrarnos na despensa a comer Nocilla a culleradas .

Nacín por despiste mais tiven a sorte de ter cinco nais e dous pais e é que ser a pequecha de seis irmaos éche o que ten . A miña casa sempre en contínuo movemento¡

Meu pai adoitaba preguntarme "canto me queres ?" e eu respostaba "como la trucha al trucho"
  • 1 Comments:

    Anonymous adri said...

    Ohhh!
    Q bonito :'D
    Canta ternura...
    Ains!
    Eu, pola contra... non paro de berrar!
    Son libreeeeeeee!
    Xa acabei os exames!
    "No me lo puedo de creer"
    E mñ o mellor vou a La Coru.
    A saltar fogueiras.
    Ou quemarme nunha... quen sabe?

    2:54 PM  

    Post a Comment

    << Home