Monday, May 29, 2006

Se non che chega este mundo faite astronauta¡¡¡




Grandídimo o disco de Marful , é o autoagasallo que para min fixen neste mes no que cumprín os 21 anos . Acabo de recibilo e estame gustando tantisimo , éncheseme o peito con cada peza , se cadra non son obxectiva porque gosto da voz de Uxía Pedreira dende hai moitísimos anos , daquelas cando todas as pícaras da miña idade estaban a escoitar aos Backstreet boys eu escuitaba Chouteira...alén disto é focega¡

Uxía ten unha voz con moita forza , unha voz que no disco explota os graves con toques cabareteiros , de salón de baile coa valentía que lle dá a súa loita musical e o tempo tamén a dozura exquisita dos seus matices . Non sei simplesmente que había tempo que non desfrutaba tanto escoitando un disco por non falar xa dunha estética xenial cuns sifóns por protagonistas.


Por certo as imaxes foron tiradas do blogs do Clube de fans de Marful ( http://clubedefansdemarful.blogspot.com/ ) onde tedes actualizado todo o que vai acontecendo co grupo , que ten a súa páxina que está moi linda máis sen actualizacións. http://www.folque.com/musica-marful/

  • Wednesday, May 24, 2006

    " Eu de moza era unha viciosa de cantar"Concha de Luneda

    Mi má eu quixera ser tan encantadora coma esta muller , ademais de excelente cantadora, unha traballadora nata ... deixovos algunha das frases célebres que puiden rescatar do Alalá de onte.

    "Eu son pobre pero son a máis rica de Luneda porque son feliz"

    "Eu casei cun home probe porque se casas cun rico es criada toda a vida e así o que tes suáchelo"

    "A vida é lindiiiiiisima lindísimaaaa , só hai que saber levala"

    "Eu fago calzóns longos de algodón puro porque agora aos homes cápanos con eses calzóns cortos " e despois un ataque de risa ;P


    Chamoume muito á atención o xeito de tocala pandeireta , porque collíaa coa esquerda coa pel para abaixo e tocaba na madeira cun pao que sostiña coa dereita... será por incultura mais nunca ollara tocar así.

    Unha muller auténtica ,tanto que algunhas (elea e máis eu) nun puidemos evitar soltar algunha bágoa.


    Por certo agora buscando en internet algo sobre ela atopei na sección de xistra de coruxo dentro da páxina www.ghastaspista.com unha nova canción co meu nome que lla recolleron a Sr.Concha cuxa volta dí:

    Que lindas pernas ten a Carolina
    non son cortas, non son larghas,
    non son ghordas non son finas.

    Marcho de festa nenos que non se pode esquecer que Compostela está en festa , opaí a Ascensión.
  • Friday, May 19, 2006

    por unha manchea de pontes galegas¡¡¡¡




    hai catro anos e case unha semana que os meus miolos mudaron a ponte para se comunicar co mundo , agora esa ponte ten aroma , ruxir , textura galega . Agora os meus miolos camiñan por esa ponte cando toco cando canto cando choro cando beillo cando escribo estas verbas cando ollo cando quero cando rexeito cando bico cando discuto ... e moi a miúdo os miolos atopan atrancos como pedras no medio do camiño que acadan sobrepasar grazas a súa natureza teimuda ou ráfagas de vento que fan que se aferren con toda a forza a baranda. Os miolos non caen porque saben escoitar o canto dos valentes que loitan . E ti a que agardas¿?

  • ainsss que formais



    atopei esta foto e nun me puiden resistir a colgala ;PPP é da clase indo a cantar a un acto de postureo dos que fai a USC enfín mais nós estamos tan monos ;P eu ando por aí perdida ...

    mi madriña o peor dese día foi estar de resaca e aturar o facha do meu decano dando a brasa durante os pinchos...enfín cousas da vida
  • Monday, May 15, 2006

    21 primaveras





    Rir , chorar , aprender , compartir , aoutocríticame , alcolizarme , apertar e falar con quen había tempo que non falaba , cantar coa luguesa dos repeniques de ouro , escuitar miles de gaitas mesmo cando tentaba durmir , ver a unha ferrolana que levaba súculos sen ver , abrir agasallos , cociñar pescada á cazola , magullar máis o xeonllo tulleito , recibir 12 msx de benvida ás 21 primaveras , apañar bicos na costa da morte , tocar moiñeira xota rumba pasodobre coa pandeireta , durmir pouco , facer unha presentación de "Camiña don Sancho" para a facul , tocar no violino un minuetto de Mozart.

    Unha semana como peche a un ano no que me reinventei , un ano que remata moito mellor do que puidera agardar e desbotar pois o dito de "o que mal comeza mal remata" en definitiva 21 primaveras.
  • Friday, May 05, 2006

    vello compañeiro



    Teño a un vello compañeiro algo esquecido .A foto está tirada da páxina www.olhares.com , hai fotos impresionantes.
  • Un Guaranito, por favor¡

    Las Víctimas de Cola-Asesina
    (una lista parcial)
    Los líderes sindicales en la lista de abajo trabajaban en las plantas de embotellamiento de
    Coca-Cola en Colombia, y fueron asesinados. Muchos otros trabajadores de Coca-Cola
    han sido torturados, secuestrados, y/o detenidos ilegalmente por las fuerzas paramilitares,
    quienes frecuentemente trabajan en conjunto con la gerencia de las plantas.
    Fecha Nombre Planta de Coca-Cola
    1989 Avelino Chicanoy Pasto
    8/4/94 José Eleazar Manco David Carepa
    20/4/94 Luis Enrique Giraldo Arango Carepa
    23/4/95 Luis Enrique Gomez Granado Carepa
    5/12/96 Isidro Segundo Gil Carepa
    26/12/96 José Librado Herrerra Osorio Carepa
    21/6/01 Oscar Dario Soto Polo Monteria
    31/8/02 Adolfo de Jesús Munera Lopez Barranquilla
  • Thursday, May 04, 2006

    O recolector de mans


    INTERVENCIÓN MURAL DE MAURO TRASTOY
    Há dias que gostava de nom ter passado, de nom arrastrar o peso de dúzias de histórias nas costas e mesmo nom ter História. Que nom pesasse nada do que pesa, que nom houvesse medo nem vergonha, que nom houvesse que dizer sexo quando queremos dizer amor. atirar a máscara, abandonar essa imagem de adulta, autónoma, independente e mostrar-me sem pele, em carne viva para que qualquer um pudesse experimentar. Passem e vejam! Toquem. Nom há mais nada, apenas carne. Carne com desejo. Nom qualquer um, mas esse um, outro, aquele polo que hoje o estômago nom tem paragem.
    Tenho na palma da mao umha estúpida carícia que nom dei, um punhado de palavras que nunca tivem corgaem de falar. Tenho umha bofetada contida que dói inutilmente, umha aperta espessa que nom era para min. A minha particular cartografia do fracasso. Há dias como hoje que gostava de cortar as maos, serrar polos pulsos aos poucos, centímetro a centímetro. Atirá-las longe e esquecer que há umha vida nelas, vestir os cotos com luvas, esterilizadas.Quem me dera umha mao virgem. Umha mao sem carícia dolorosa, sem rlatos em terceira pessoa que falam de mim, sem ansiedade roída nas unhas, sem a forma do lápis no indicador. Umha mao virgem para deixar-se levar acompanhada, nem acolhedora nem recolhedora.
    Cada linha um caminho do passado, escondida por capas e capas de cremes hidratantes, suavizantes, a amolecera novela da vida, o novelo. Retirando cada capa desaparecem os amantes, os desprezos, as filhas, os projectos, as linguas, os momentos sol, os esquecimentos, o maor. Leva-a, traduze-a em nada. Devolve-ma em braco. Ainda que o mapa silencioso de umha vida sem passado seja o Nada. Devolve-ma lisa, definitivamente eu, por fim eu, despossuída. Essa grande mentira que sou agora, com a mao limpa, sem linhas, sem caminhos.
    Que me devolvam a minha mao. A minha particular cartografia do sucesso.
    (texto de Raquel Miragaia, para o programa da exposición)
  • Tuesday, May 02, 2006

    O outro mundo

    Na miña primeira experiencia como profe tiven a sorte de coñecer a Alba que me lembraba muitísimo a unha pequecha chamada Carolina que aínda que trato con ela dende hai anos nunca descubrín ese outro mundo no que vive , igual que Alba , e que facía delas unhas pícaras tremendamente despistadas. Alba adoita ter o ollar perdido mais a dozura da súa face deixa entrever que nos seus miolos estanse artellando 531 historias que non falan de princesas porque Alba ao igual que Carolina nunca soñou con ser princesa ela gosta máis de imaxinar un lapiz máxico que se agocha no armario que está ao fondo da clase , ou pensa no marabillosa que resulta a luz dos vagalumes ...


    ou se cadra estase a preguntar que ocorrería se os bebés puideran espiarnos a través do embigo da súa nai.

    Alba ten nove anos e senta na fila que está pegada as xanelas , se cadra senta alí porque pode mirar pola xanela e fuxir a outro mundo no que sinte máis seguridade , ela non escontra o lugar para compartir ese mundo tan rico que agocha xa que a escola só entende do 2+2=4 deixando escapar a imaxinación , a dozura (cohibida xa que o contacto fisico ou emocional non se leva) que só demostran os seus olliños castaños.

    Carolina ten 21 anos e muitas veces sintese tamén noutro mundo , mais agora
    conqueriu amizades e espazos que lle permiten falar tal e como ela sinte , mais moitas veces aínda sinte medo. Agora Carolina quere ser mestra e loitar para conquerir mais espazos de liberdade de igualdade no que cada un se poda expresar segundo se sinta e non como todo entorno agarda que se exprese , de seguro que así todos aprenderemos muito máis e muitas albas e carolinas poderán vivir no mundo real.

    Se cadra ese outro mundo vaise ir reflictindo neste espazo e os poucos que ledes estas verbas (o certo e que aínda me da vergoña espirme polo que a difusión foi escasa)sabedes perfectamente que son Carolina e Alba supuxo pra min reflexionar sobre eu mesma de pequecha. Mais o de vivir noutro mundo e o despiste tamén ten as súas ventaxas porque só esquecendo as chaves dentro da casa puiden pasar un domingo marabilloso , compartido con xente moi linda e cunha adicatoria instrumental daquela canción que di con muito acerto:

    A Carolina é unha tola
    que todo o fai o revés
    vístese pola cabeza
    e íspese polos pes